Publícase hoxe o informe da EPA sobre o mercado de traballo turístico, correspondente ao primeiro trimestre de 2012. Este documento inclúe, unha análise global do mercado de traballo de Galicia, analizando ocupados, asalariados e autónomos, así como unha comparación con outras Comunidades Autónomas.
O Instituto de Estudos Turísticos de Galicia publica o informe de ocupación en establecementos de turismo rural en Galicia correspondente ao primeiro trimestre do ano. Este documento inclúe, ademais da análise global da conxuntura do turismo rural na nosa comunidade, un estudo pormenorizado da dinámica do sector en función da procedencia do viaxeiro e do ámbito territorial de referencia (provincias).
O Instituto de Estudos Turísticos de Galicia publica a ficha de conxuntura turística de Galicia, na que se amosan e analizan brevemente os principais datos de ocupación en establecementos de aloxamento regrado da comunidade (hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, cámpings e apartamentos turísticos), referidos ao mes de marzo.
O Instituto de Estudos Turísticos de Galicia publica o informe definitivo de ocupación hoteleira en Galicia correspondente ao mes de marzo e ao primeiro trimestre do ano. Este documento inclúe, ademais da análise global da conxuntura hoteleira na nosa comunidade, un estudo pormenorizado da dinámica do sector en función da procedencia do viaxeiro, da tipoloxía e categoría do establecemento, e do ámbito territorial de referencia (provincias e principais destinos urbanos).
O Instituto de Estudos Turísticos de Galicia publica o informe preliminar de ocupación hoteleira en Galicia correspondente ao mes de marzo e ao primeiro trimestre do ano.